Inicio > Portada > Consellería > Organigrama > Secretaría Xeral Técnica
extracto do decreto de extructura
Artigo 5. Atribucións
A Secretaría Xeral Técnica, órgano superior da Consellería de Traballo e Benestar, exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, polo que se regulan as funcións das secretarías xerais técnicas nas consellerías da Xunta de Galicia, así como as que lle atribúa a normativa en vigor e as que lle sexan encomendadas por delegación da persoa titular da Consellería.
Artigo 6. Estructura
1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral contará cos seguintes órganos:
- Vicesecretaría Xeral.
- Subdirección Xeral de Persoal.
- Subdirección Xeral de Contratación e Control
- Subdirección Xeral de Apoio Técnico-xurídico
- Subdirección Xeral de Tecnoloxías da Información.
2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral, con nivel de subdirección xeral:
a) Intervención delegada da Consellería que dependerá funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma
b) A Asesoría Xurídica de Traballo e a Asesoría Xurídica de Benestar que se rexerán polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia. Dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contarán có número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
Estas Asesorías Xurídicas desempeñarán as funcións do artigo 13.2 do mencionado Decreto 343/2003, no seu correspondente ámbito funcional.
Artigo 7 . Vicesecretaría Xeral.
Con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as funcións de prestarlle asistencia ao secretario xeral en cantos asuntos lle encomende, así como a súa suplencia en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.
É a unidade encargada de elaborar o borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a xestión da contratación administrativa e económica e as funcións relativas aos sistemas ou procesos informáticos da consellería.
Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
a) Servizo de Xestión do Gasto e Control Orzamentario
Corresponde a este servizo o desenvolvemento das seguintes funcións:
- Coordinación e impulso da elaboración do anteproxecto de orzamento da Consellería, elaboración do da Secretaria Xeral, coordinación, seguimento e control da súa execución así como a proposta e xestión das súas modificacións.
- Elaboración das instruccións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión orzamentaria así como a análise da súa execución, de acordo coa normativa vixente.
- Planificación e habilitación orzamentaria para gastos de mantemento das distintas unidades administrativas e oficinas de emprego, tanto de servizos centrais como periféricos, baixo a modalidade de pagamentos a xustificar.
- Impulso na tramitación económico-administrativa de expedientes de gasto e propostas de pagamento.
b) Servizo de Investimentos e Xestión Contractual
Corresponde a este servizo:
- A coordinación e elaboración de instrucións e fixación de criterios en materia de contratación.
- A tramitación dos expedientes de contratación non atribuídos expresamente a outros órganos da Consellería, así como calquera outra xestión vinculada a estes expedientes.
- O impulso e desenvolvemento de ferramentas de xestión na área de contratación para o seu uso xeral e compartido por todos os órganos da Consellería.
- O apoio á Vicesecretaría Xeral na planificación, impulso e control das necesidades en materia de contratación dos distintos centros dependentes da Consellería, e departamentos territoriais.
- Seguimento, impulso e control dos investimentos dos servizos xerais da Consellería.
c) Servizo de Igualdade Laboral
Este servizo é o órgano encargado de integrar a dimensión de xénero no ámbito das competencias atribuídas á Consellería de Traballo e Benestar e estará coordinado e vinculado funcionalmente co departamento da Administración autonómica competente en materia de Igualdade. Desenvolverá as funcións recollidas no artigo 8 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
Artigo 8.- Subdirección Xeral de Persoal.
1.- Esta unidade administrativa exercerá as funcións de xestión de persoal, a coordinación dos asuntos de réxime interno, a coordinación das xefaturas dos departamentos territoriais en materia de persoal, o plan de formación da Consellería e outras de contido administrativo que lle atribúa o/a secretario/a xeral.
Artigo 9.- Subdirección Xeral de Contratación e Control.
1.- Corresponde a esta unidade a elaboración do plan de necesidades e fixación de directrices en materia de obras e equipamentos vinculados ós programas de gasto de benestar, así como planificación e desenvolvemento da súa execución; a xestión e tramitación de todos aqueles expedientes de contratación e xestión económica que lle asigne a Secretaría Xeral para unha óptima racionalización de recursos e a coordinación e seguimento da execución dos investimentos, vinculados ós programas de gasto de benestar, cos departamentos territoriais e outros centros dependentes da Consellería.
Artigo 10.- Subdirección Xeral de Apoio Técnico-xurídico.
1.- Terá ao seu cargo a elaboración de informes e o estudo das propostas de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da Consellería; a preparación dos expedientes que, logo do paso pola Comisión de Secretarios Xerais, se eleven ao Consello da Xunta de Galicia e do traslado de acordos desta; o estudo dos recursos e reclamacións administrativos; a coordinación das demandas e os recursos contencioso-administrativos; levar a cabo as funcións que lle corresponda ao departamento en relación ás fundacións declaradas de interese galego; a tramitación de expedientes sobre cuestións demaniais ou patrimoniais competencia da Consellería, así como aqueloutros asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados polo/a secretario/a xeral.
Artigo 11.- Subdirección Xeral de Tecnoloxías da Información.
1.- Corresponde a esta unidade, sen prexuízo das competencias que en materia de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) ten atribuídas a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) e en coordinación funcional coa mesma, a elaboración dos plans de necesidades da consellería vinculados a tecnoloxías de información, o seu impulso e coordinación, a coordinación e execución dos investimentos en materia informática e a coordinación de todas as unidades informáticas dependentes doutros centros directivos da consellería.
Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral, con nivel de subdirección xeral:
a) Intervención delegada da Consellería que dependerá funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma
b) A Asesoría Xurídica de Traballo e a Asesoría Xurídica de Benestar que se rexerán polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia. Dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contarán có número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
Estas Asesorías Xurídicas desempeñarán as funcións do artigo 13.2 do mencionado Decreto 343/2003, no seu correspondente ámbito funcional.
Imaxes lateráis