Conselleria de Traballo e Benestar
asuntos sociais asunto de todos e todas

Inicio > Portada > Temas > Emprego > Servizos ao Demandante de Emprego > Renovación de demanda e DARDE

Renovación da Demanda

Información Xeral

A renovación da demanda é a forma existente de manter a demanda de servizos, é algo que se realiza nas oficinas de emprego de acordo a uns períodos de tempo concretos.

Cada vez que se renove a demanda emítese un documento coñecido como cartón de renovación(DARDE) no que se indican as seguintes datas para efectuar a renovación e continuar como demandante de servizos.

En caso de non renovar nos prazos fixados para iso procédese a dar de baixa ao demandante de servizos deixándolle de prestar os servizos nos que estivese dado de alta.

Para levar a cabo a renovación da demanda ben pode desprazarse á Oficina de Emprego correspondente ao seu código postal de residencia, ou ben, pode levala a cabo a través da web corporativa do Servizo Público de Emprego de Galicia (Portal de Emprego). Para poder realizalo, debe dispor dun usuario e contrasinal, que se proporcionará na súa oficina de emprego, ou dun certificado dixital.

Información a achegar na solicitude

  • Documento Nacional de Identidade, Cartón de Identidade ou Pasaporte en vigor, se é español ou membro da Unión Europea (ou EEE).
  • Autorización de residencia/traballo en vigor, se non é traballador comunitario.
  • Cartón de renovación da demanda


Requisitos para demandar servizos

  • Estar de alta como demandante de servizos no Servicio Público de Emprego de Galicia e Oficinas de Emprego.
  • Estar dentro do período de renovación establecido no cartón de renovación.

TELÉFONOS DE ATENCION  

Atención ao Demandante

012

Atención ao Ofertante

012