No BOE de 25 de agosto de 2009, publicouse o Real Decreto 1224/2009, de 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, ten por obxecto establecer o procedemento e os requisitos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, así como os efectos desa avaliación e acreditación de competencias.
Este procedemento vai ofrecer unha oportunidade ás persoas que nunca estiveron vinculados aos sistemas educativos, e que aprenderon a través da práctica profesional, ou a través de cursos non “oficiais”, de que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades, mediante un procedemento de avaliación, no que se comprobará a súa competencia profesional en relación aos estándares recollidos nas Unidades de Competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
No caso de que superen esta avaliación, poderán obter unha acreditación oficial, e con validez nacional, que terá os correspondentes efectos profesionais e/ou académicos. Expedirase unha acreditación oficial por cada unha das unidades de competencia superadas, podendo chegar a obter un certificado de profesionalidade nunha ocupación, ou validala pola parte correspondente dun ciclo formativos de Formación Profesional Específica. Posteriormente, recibirán a orientación que sexa necesaria para que, se o desexan, poidan realizar o resto dos módulos que completan o citado ciclo formativo e chegar a obter o título oficial se reúnen os requisitos esixidos de acceso os ciclos formativos.
Mediante este procedemento poderanse acreditar cualificacións de nivel 1, 2 e 3, e poderanse presentar persoas que ben teñan experiencia laboral ou ben formación non formal, é dicir, aquela que non conduce a unha acreditación oficial das administracións educativas ou laborais.
Os requisitos para participar neste procedemento serán os seguintes:
Os cidadáns que cumpran estes requisitos e decidan obter unha acreditación oficial da súa competencia profesional deberán inscribirse na convocatoria pública que realizarán conxuntamente as Administracións educativa e laboral e que se publicará no DOG e no BOE.
Os candidatos admitidos e seleccionados, no caso de que haxa límite de prazas, participarán nun proceso que se divide en tres fases: Asesoramento, Avaliación e Acreditación e rexistro da competencia profesional.
Primeira fase: Asesoramento.
O asesoramento correrá a cargo dun experto profesional ou docente. na materia. O asesoramento será obrigatorio, poderá realizarse de forma presencial ou a través de medios telemáticos, e terá como obxectivo axudar ao candidato a autoavaliar a súa competencia, e completar o seu historial persoal e formativo para o que poderá presentar todas as evidencias que o xustifiquen.
Unha vez analizada a súa traxectoria profesional o asesor elaborará un informe e o candidato decidirá a conveniencia ou non de acceder á fase de avaliación. No caso de non acceder á avaliación o asesor indicará ao candidato a formación complementaria que debería realizar e os centros onde podería recibila.
Segunda fase: Avaliación.
Esta fase terá por obxecto, partindo da análise do historial profesional e formativo do candidato, comprobar se demostra a competencia profesional, para o que se poderán establecer distintos métodos de avaliación da competencia, que xeralmente tratarán de simular situacións reais de traballo e que se realizaran nos centros de FP ou incluso na propia empresa
Da avaliación encargarase unha Comisión de avaliación formada por a lo menos 5 expertos, profesionais e docentes, educativos e laborais.
Terceira fase. Acreditación da competencia profesional.
Aos candidatos que superen o proceso de avaliación expediráselles unha acreditación por cada unha das unidades de competencia nas que demostrasen a súa competencia profesional.
Ao concluír todo o procedemento de avaliación candidatos recibirán un informe que incluirá:
