Conselleria de Traballo e Benestar
apoio

O Servizo Público de Emprego de Galicia

Portal de Traballo

Servizo Público de Emprego de Galicia

O Servizo Público de Emprego de Galicia é a denominación baixo a que a Xunta realiza as súas funcións de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego con eficacia, transparencia e rapidez.

Esta sección mostra todos os servizos en materia de emprego ofertados dende a Consellería de Traballo e Benestar.

Algúns dos servizos englobados neste área correspóndese a información sobre ofertas de traballo, modelos de contratos, rede de Oficinas de Emprego, etc.
 

Intermediación Laboral

O Servizo Público de Emprego de Galicia ofrece, a través da súa rede de Oficinas de Emprego, atención personalizada ós traballadores para a intermediación na mellora e calidade da súa inserción laboral e ós empresarios a ser atendidos da forma máis adecuada posible para atopar ós traballadores co perfil adecuado para cubrir os postos de traballo que oferten, con toda a celeridade e eficacia posible para que o resultado da xestión sexa o desexado.

O sistema de intermediación laboral básase nas ofertas de emprego que son as solicitudes de traballadores presentadas na Oficina de Emprego polos empresarios con indicación de perfil do posto e condicións de traballo máis adecuadas as suas necesidades.

Para levar a cabo a creación de ofertas de emprego o empresario comunica a necesidade de cubrir un posto de traballo aportando os seus datos como empresa ( C.I.F e Número de cotización á seguridade social) así como unha serie de datos relativos ó tipo de posto a cubrir e os requisitos que han de cumprir os posibles candidatos ó posto de traballo. Posteriormente a oficina de emprego encárgase de comunicar ó empresario unha serie de candidatos para a sua posible selección. Todo este proceso é o que se engloba baixo o término de Tramitación das ofertas de emprego.

Tamén é obligación da oficina de emprego dar información sobre as diferentes modalidades de contrato así como das medidas de fomento de emprego e a sua tramitación.

Orientación Laboral

Orientación é a denominación baixo a cal a Xunta informa ós demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolle un abánico de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral.

Orientación

As directrices de empleo da Unión Europea para 1999, o Plan Nacional de Acción para o Empleo e os Acordos sobre medidas para o crecemento de empleo en Galicia, céntranse en mellora-la capacidade de inserción laboral de persoas desempregadas.

A Consellería de Traballo pon en marcha un sistema de orientación laboral basado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellora-la ocupación das persoas desempregadas.

Ademais da rede de Oficiñas de Emprego da Consellería, existe unha rede de persoal orientador en entidades colaboradoras, seleccionadas a través dunha Orden de convocatoria anual.

Obxetivos

Os obxetivos que definen as accións de orientación profesional son:

    * Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
    * Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante
    * Optimizar-la oferta formativa existente
    * Compatibiliza-la demanda da persona coa oferta existente
    * Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñece-las personas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

Tipos de Accións

As accións de orientación laboral da persoa desempregada seguen estos pasos:

En primeiro lugar ten unha entrevista en profundidade para coñece-lo seu perfil profesional-ocupacional. Despois realízase un itinerario de inserción laboral, analízanse as súas capacidades e crease o seu itinerario profesional, con accións formativas concretas. Despois recibe información profesional dentro do espacio territorial da súa búsqueda de emprego. E, por último, empeza-la búsqueda activa de emprego, mediante grupos de traballo, o usuario planifica e organiza a búsqueda de emprego asesorado por un técnico que coordina todo o proceso.

Formas de Acceso

O acceso a accións de orientación laboral para persoas demandantes de emprego realízase a través do seu centro tutor do Servizo Público de Emprego de Galicia ou de calquera Oficina de Emprego.

Distribución territorial de Oficinas de Emprego

Para levar a cabo as tarefas de intermediación e orientación laboral, o Servicio Público de Emprego de Galicia sérvese dunha rede de máis de 250 puntos: máis de 50 Oficinas de emprego e máis de 200 Centros asociados que a través do seguinte enlace pode consultar:

TELÉFONOS DE ATENCION  

Atención ao Demandante

012

Atención ao Ofertante

012

Traballar en Europa  

A rede Eures

Rede Eures