A aplicación educativa multimedia "O libro máxico de Moitollo" promovida pola Xunta de Galicia, ten por obxectivo fomentar entre a mocidade a cultura preventiva como unha opción de vida, así como impulsar a utilización das novas tecnoloxías.
Para xogar correctamente precisas un computador cos seguintes requirimentos mínimos:
Tarxeta de son
Resolución mínima: 800x600
Plataforma Windows
Pentium III ou superior
Windows 98/2000/XP/Vista/7
Plataforma Macintosh
G3 266MHz
Mac Os 9.x ou superior
Antes de utilizar por primeira vez o xogo deberás descargalo no teu ordenador. Para elo é convinte dispoñer dunha conexión a Internet de banda ancha (tipo ADSL ou similar). Sigue as instruccións seguintes:
1. Preme co rato no seguinte icono, para descarga-lo xogo
Abrirase un cadro de diálogo no que se che preguntará si desexas abrir ou gardar o arquivo maxico.zip. Elixe a opción gardar e, de seguido, selecciona a carpeta do disco duro do teu ordenador onde queres garda-lo xogo.
2. Abre a carpeta seleccionada no punto anterior e descomprime nela o arquivo.
Para inicia-lo xogo executa o programa "moitollo.exe".
Dar ou usar un obxeto da mochila
Para calquera destas dúas opcións sólo será necesario premer co rato no obxeto, arrastralo ata o lugar deseado e soltar.
Mapa
Cando consigas o bonobús arrástrao sobre os autobuses que encontrarás en determinadas pantallas e terás acceso ó mapa que permite o movemento entre localidades.
Gardar e recuperar partidas
Preme no botón "Partidas" para acceder ao panel.
Gardar
Podes gardar ata catro partidas ao mesmo tempo. Escolle unha das catro caixas de texto, escribe un nome e preme o botón "gardar".
Recuperar
Selecciona unha partida premendo no seu nome, logo preme no botón "cargar"
Opcións
No panel de opcións podes modificar os valores de velocidade do xogo e o volumen do audio.