Inicio > Portada > Consellería > Organigrama > DX. Formación e Colocación
Corresponderalle a esta dirección xeral o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de formación para o emprego e cualificacións profesionais e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo. Así mesmo, exercerá as funcións de execución relativas ó cumprimento das obrigas de empresarios/as e traballadores/as e, se é o caso, a potestade sancionadora nas materias relativas ao emprego e desemprego.
Tamén desenvolverá as competencias que lle correspondan a esta consellería en materia de expedición de certificados de profesionalidade ou a acreditación parcial acumulable correspondente. Así mesmo, desenvolverá e aplicará as competencias da consellería para a execución do procedemento establecido para a avaliación e acreditación das competencias da poboación activa de Galicia .
Correspóndelle a elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.
Imaxes lateráis