Conselleria de Traballo e Benestar
asuntos sociais asunto de todos e todas

Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Expedientes de Regulación de Emprego

Expedientes de Regulación de Emprego

OBXECTO

Tramitar os procesos de regulación de emprego. Estes poden estar fundados nas seguintes causas:

  • Económicas
  • Técnicas
  • Organizativas
  • Produtivas
  • De forza maior
  • Desaparición da personalidade xurídica do contratante

A través dos procedementos de regulación emprego poden aplicarse as seguintes medidas:

  • Extinción de relacións laborais (despedimento colectivo)
  • Suspensión de relacións laborais
  • Redución temporal da xornada laboral: Entenderase por redución da xornada a diminución temporal de entre un 10 e un 70 por cento da xornada de traballo computada sobre a base dunha xornada diaria, semanal, mensual ou anual.

Número de persoas traballadoras afectadas:

Para a levar a cabo un procedemento de regulación de emprego deben estar afectadas, segundo a medida solicitada, as seguintes persoas traballadoras:

  • Extinción das relacións laborais (despedimento colectivo): Considérase despedimento colectivo cando nun período de 90 días, se extinguen os contratos de, alomenos:
    • 10 traballadores, en empresas que ocupen menos de 100 traballadores
    • 10% dos traballadores, en empresas que ocupen entre 100 e 300 traballadores
    • 30 traballadores nas empresas que ocupen a mais de 300 traballadores
    • Tamén se entende como despedimento colectivo a extinción dos contratos de traballo que afecten á totalidade do cadro de persoal da empresa, sempre que o número de persoas traballadoras afectadas sexa superior a 5, cando aquel se produza como consecuencia da cesación total da súa.
    • No suposto de expedientes por causa de forza maior, non existirá número mínimo de traballadores afectados.
  • Suspensión das relacións laborais: Calquera que sexa o número de persoas traballadoras da empresa e o número de afectadas.
     
  • Redución temporal da xornada laboral: Calquera que sexa o número de persoas traballadoras da empresa e o número de afectadas.

Autoridade laboral competente 

1 Se a totalidade dos centros de traballo e dos traballadores da empresa radican dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: 

1.1. Se os centros de traballo e as persoas traballadoras afectadas radican nunha provincia: Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia afectada. 

1.2.  Se os centros de traballo e as persoas traballadoras afectadas radican en varias provincias galegas: Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar

2 Se a empresa ten centros de traballo ou traballadores dentro e fora do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

2.1.  Se o expediente afecta tan só aos centros de traballo ou persoas traballadoras radicadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1. 

2.2.  Se o expediente afecta a centros de traballo ou traballadores radicados dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: 

2.2.1.  Se o 85%, como mínimo, do cadro de persoal da empresa radica dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e existen traballadores afectados na mesma: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1. Unha vez realizadas as actuacións que lle correspondan remitirá comunicación do procedemento de regulación de emprego á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.   

2.2.2.  Se o cadro de persoal que radica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia é inferior ao 85% ou o expediente non afecta a persoas traballadoras situadas nesta: Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.  

NORMATIVA

Real decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, modificado pola Real decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. 

Real decreto 801/2011, do 10 de xuño, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos. 

Orde ESS/487/2012, de 8 de marzo, sobre vixencia transitoria de determinados artigos do Regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos, aprobado polo Real decreto 801/2011, de 10 de xuño. 

Real decreto 1999/1984, do 12 de setembro, sobre traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de expedientes de regulación de emprego.

DOCUMENTACIÓN

Deberán achegar, orixinal e tres copias. 

1.  PROCEDEMENTOS DE REGULACIÓN DE EMPREGO DE EXTINCIÓN

  • DOCUMENTACIÓN COMÚN:
    • Documentación que acredite a lexitimación da persoa que presenta a comunicación.
       
    • Número e clasificación profesional empregados habitualmente durante o último ano. Cando o expediente afecte a máis dun centro de traballo dita información deberá estar desglosada por centro de traballo e, no seu caso, provincia e Comunidade Autónoma.
       
    • Número e clasificación profesional dos traballadores que vaian a ser afectados, así como dos traballadores. Cando o expediente afecte a máis dun centro de traballo dita información deberá estar desglosada por centro de traballo e, no seu caso, provincia e Comunidade Autónoma.
       
    • Relación nominativa dos traballadores afectados ou, no seu defecto, concreción dos criterios tidos en conta para designar aos mesmos.
       
    • Período ao longo do cal está previsto efectuar as extincións dos contratos de traballo.
       
    • Información sobre a composición da representación dos traballadores, así como da comisión negociadora do expediente de regulación de emprego, especificando, no suposto de ser varios os centros de traballo afectados, se a negociación se realiza a nivel global ou diferenciada por centro de traballo. Así mesmo, información sobre os centros de traballo sen representación unitaria e escrito de comunicación aos traballadores destes centros no que se comunique a posibilidade de designación dunha comisión negociadora o, no seu caso, actas relativas á atribución da representación da comisión.
       
    • Copia da comunicación aos representantes dos traballadores do inicio do período de consultas xunto co escrito de solicitude aos mesmos do informe a que se refire o artigo 64.5 a) e b) do Estatuto dos traballadores.
       
    • En expedientes que afecten a máis de 50 traballadores, plan de recolocación externa, nos termos sinalados no artigo 51.10 do Estatuto dos Traballadores.

  • DOCUMENTACIÓN NOS EXPEDIENTES POR CAUSAS ECONÓMICAS: 

a) Memoria explicativa que acredite a causa económica alegada. 

b) Conta anuais dos dous últimos exercicios económicos completos integradas por balance de situación, conta de perdas e ganancias, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivos, memoria do exercicio e informe de xestión o, no seu caso, conta de perdas e ganancias abreviada e balance e estado de cambios no patrimonio neto abreviados, debidamente auditadas no caso de empresas obrigadas a realizar auditorías, así como as contas provisionais á presentación da solicitude do expediente, firmadas polos administradores ou representantes da empresa solicitante.

c) No caso de tratarse de empresas non suxeitas á obrigación de auditoría das contas, deberase aportar declaración da representación da empresa sobre a exención da auditoría. 

d) Cando a situación económica negativa alegada consista nunha previsión de perdas, ademais da documentación sinalada no punto b), deberá informar dos criterios tidos en conta para a súa estimación. Así mesmo, deberá presentar un informe técnico sobre o carácter e evolución desa previsión de perdas baseado en datos obtidos a través das contas anuais, dos datos do sector ao que pertence a empresa, e da evolución do mercado e da posición da empresa no mesmo ou de calquera outros que poidan acreditar esta previsión. 

e) Cando a situación económica negativa alegada consista na diminución persistente do nivel de ingresos ou ventas, ademais da documentación sinalada no punto b), deberá informar da diminución persistente no nivel de ingresos ou ventas durante tres trimestres consecutivos 

f)  Cando a empresa solicitante forme parte dun grupo de empresas, con obrigación de formular contas consolidadas, deberán acompañarse as contas anuais e informe de xestión consolidados da sociedade dominante do grupo debidamente auditadas, no caso de empresas obrigadas a realizar auditorías, dos dous últimos anos, sempre que no grupo existan empresas que realicen a mesma actividade ou pertezan ao mesmo sector de actividade e que existan saldos debedores ou acreedores da empresa solicitante con calquera empresa do grupo. Se non existira obrigación de formular contas consolidadas, ademais da documentación económica da empresa solicitante, deberá acompañarse as das demais empresas do grupo debidamente auditadas, no caso de empresas obrigadas a realizar auditorías, sempre que ditas empresas teñan domicilio social en España, teñan a mesma actividade que a solicitante ou pertezan ao mesmo sector de actividade e teñan saldos debedores ou acreedores coa empresa solicitante.

  • DOCUMENTACIÓN NOS EXPEDIENTES POR CAUSAS TÉCNICAS, ORGANIZATIVAS OU DE PRODUCIÓN: 

a) Memoria explicativa que acredite a causa alegada. 

b) Informes técnicos que acrediten a concorrencia da causa alegada.

2.    PROCEDEMENTOS DE REGULACIÓN DE EMPREGO DE SUSPENSIÓN E REDUCIÓN TEMPORAL DA XORNADA 

a)  A mesma documentación que para os procedementos de extinción, salvo no suposto de causas económicas que soamente deberá achegarse a referente ao último exercicio económico completo, así como as contas provisionais do vixente a presentación da solicitude. 

b)  Documentación xustificativa para acreditar que se trata dunha situación conxuntural da empresa. 

c)  Duración da medida de suspensión e redución da xornada solicitadas. No caso de expedientes de redución de xornada deberá achegarse a porcentaxe da redución de xornada solicitada.

3.    EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO DE EXTINCIÓN, SUSPENSIÓN E REDUCIÓN TEMPORAL DA XORNADA POR CAUSA DE FORZA MAIOR 

a)  Medios de proba que se estimen necesarios para acreditar a causa de forza maior. 

b)  Comunicación da presentación do expediente aos representantes legais dos traballadores

ONDE ACUDIR

Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdireccion Xeral de Traballo
Servizo de Relacións Laborais
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781  Santiago de Compostela
Tel.: 981 545 743

Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña
Servizo de Relacións Laborais
Avda. Salvador de Madariaga, nº 9 – 1º. Centro comercial de Elviña
15008  A Coruña
Tel.: 981 185 895 / 981 185 896

Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo
Servizo de Relacións Laborais
Ronda da Muralla, 70
27001  Lugo
Tel.: 982 294 329

Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense
Servizo de Relacións Laborais
Av. da Habana, 79
32004 Ourense
Tel.:  988 386 401

Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo
Servizo de Relacións Laborais
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36202  Vigo
Tel.: 986 817 008 / 986 817 685