Inicio > Portada > Temas > Prevención Riscos Laborais > Exención de auditorías
As empresas de ata 50 traballadores cuxas actividades non estean incluídas no anexo I, que desenvolvan as actividades preventivas con recursos propios (asunción persoal polo empresario- ata un máximo 10 traballadores-, traballadores designados ou servizo de prevención propio) e nas que a eficacia do sistema preventivo resulte evidente sen necesidade de recorrer a unha auditoría polo limitado número de traballadores e a escasa complexidade das actividades preventivas, considerarase que cumpren a obrigación da auditoría cando cumprimenten e remitan a autoridade laboral (Dirección Xeral de Relacións Laborais) unha notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer a mesma segundo modelo establecido no anexo II.
(Art. 29.3 Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, modificado polo Real Decreto 337/2010, de 19 de marzo)