Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Empresas de traballo temporal
Denomínase empresa de traballo temporal aquela que a súa actividade consiste en por a disposición de outra empresa usuaria, con carácter temporal, traballadores por ela contratados. A contratación de traballadores para cedelos temporalmente a outra empresa so poderá efectuarse a través de empresas de traballo temporal debidamente autorizadas.
AUTORIZACIÓN DE EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL
As persoas físicas o xurídicas que pretendan realizar a actividade de empresa de traballo temporal deberán obter autorización administrativa previa da autoridade laboral competente.
A autorización terá unha validez dun ano e prorrogarase por dous períodos sucesivos iguais, sempre que se solicite con unha antelación mínima de tres meses á expiración de cada un de ditos períodos e a empresa cumprira as obrigacións legalmente establecidas. A autorización concederase sen límite de duración cando a empresa de traballo temporal realice a súa actividade durante tres anos, en base ás autorizacións correspondentes.
Requisitos que teñen que cumprir para poder obter a autorización:
CONTRATOS DE POSTA A DISPOSICIÓN
O contrato de posta a disposición é o celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria tendo por obxecto a cesión do traballador para prestar servizos na empresa usuaria.
Comunicación á Autoridade Laboral:
O empresario ten a obriga de remitir á autoridade laboral que concedeu a autorización e no modelo que figura a continuación, unha relación dos contratos de posta a disposición celebrados no mes anterior.
Modelo de relación de contratos de posta a disposición.(enlace)
Prazo de comunicación: Dentro dos 10 primeiros días de cada mes
Dita comunicación remitirase igualmente no caso de que a empresa non formalizase contratos de posta a disposición, facendo constar tal circunstancia.
OBRIGACIÓN DE INFORMACIÓN Á AUTORIDADE LABORAL
Ademais da comunicación dos contratos de posta a disposición celebrados, a empresa de traballo temporal tamén deberá informar á autoridade laboral sobre:
Prazo de comunicación: Dentro dos 15 días seguintes a súa produción ou, no seu caso, notificación da súa inscrición no correspondente Rexistro Mercantil ou Rexistro de Cooperativas.
LISTAXE DE EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL
Empresa | Nº autorización | Enderezo social | Ámbito territorial de actuación | Período de autorización |
|---|---|---|---|---|
ADER RECURSOS HUMANOS ETT, S.A. | 72/0002/94 | Rúa Marcial Adalid, 8 15005 A Coruña | A Coruña, Lugo, Ourense y Pontevedra | Indefinida |
LEGARIA GESTIÓN EMPRESA DE TRABAJO TEMPORAL | 72/0009/06 | Avd. de Buenos Aires 20 32004 Ourense | A Coruña y Ourense | Indefinida |
ORENCONTRA 2006 ETT, S.L. | 32/0003/06 | Rúa Murillo, 7 32003 Ourense | Ourense | Indefinida |
MICOFER 2000 ETT | 36/0010/98 | Polígono Industrial de Areas, parcelas 5-6 36711 Tui (Pontevedra) | Pontevedra | Indefinida |
Listado de empresas de traballo temporal autorizadas polo Ministerio de Traballo e Inmigración
NORMATIVA
ONDE ACUDIR
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Traballo
Servizo de Relacións Laborais
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tel.: 981 545 743
Fax: 981 957 751