Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Desprazamento transnacional de traballadores
Soliticitude
ACCEDA Á COMUNICACIÓN DE DESPRAZAMIENTO
O prazo está permanentemente aberto.
Obxecto
Dar cumprimento ao establecido na Lei 45/1999, do 29 de novembro, sobre desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación transnacional.
A tramitación deste procedemento está centralizada na Dirección Xeral de Relacións Laborais e poderá realizarse de xeito telemático mediante un certificado de firma dixital.
Beneficiarios/as
O empresario que desprace traballadores/as a España, neste caso á Comunidade Autónoma de Galicia, no marco dunha prestación de servizos transnacional deberá comunicar o desprazamento, antes do seu inicio e con independencia da súa duración, á autoridade laboral española competente por razón do territorio onde se vaian a prestar os servizos.
Para os efectos da Lei 45/1999, segundo o establecido no artigo 2.1 enténdese por:
1. Desprazamento no marco dunha prestación transnacional: o efectuado a España, neste caso ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, polas empresas incluídas no ámbito de aplicación da lei durante un período limitado de tempo en calquera dos seguintes supostos:
2. Traballador desprazado: a persoa traballadora, calquera que sexa a súa nacionalidade, das empresas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 45/1999, desprazada a España, neste caso á Comunidade Autónoma de Galicia, durante un período limitado de tempo no marco dunha prestación de servizos transnacional, sempre que exista unha relación laboral entre tales empresas e a persoa traballadora durante o período de desprazamento.
Para os efectos das definicións anteriores, enténdese incluída a persoa traballadora dunha empresa de traballo temporal posta a disposición dunha empresa usuaria no estranxeiro e desprazada temporalmente por esta a España no marco dunha prestación de servizos transnacional.
Requisitos
Segundo o artigo 5.2 da referida Lei 45/1999, a comunicación de desprazamento conterá os datos e informacións seguintes:
NOTA: Estes datos son os que figuran na solicitude que se pon ao dispor das empresas de xeito telemático.
Segundo o artigo 5.3, non será esixible a comunicación cando os desprazamentos definidos nas letras a e b do artigo 2.1.1 teñan unha duración que non exceda dos oito días.
O artigo 5.5. determina que a Autoridade Laboral porá en coñecemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social e da Axencia Estatal de Administración Tributaria, para os efectos que corresponda, as comunicacións de desprazamento que recibise.
Documentación
Para todas as empresas:
O establecido no art. 5.2 da lei 45/1999, está recollido no impreso, que se poderá cubrir de xeito telemático.
Para as empresas de traballo temporal, ademais:
Así mesmo, o artigo 5.4 establece que cando a empresa que despraza sexa unha empresa de traballo temporal, a comunicación de desprazamento deberá incluír, ademais do impreso, que deberá cubrir vía telemática, a seguinte documentación, que deberá remitir por correo á Dirección Xeral de Relacións Laborais:
Normativa
Lei 45/1999, do 29 de novembro, sobre desprazamento de traballadores no marco dunha prestación transnacional (BOE n.º 286, do 30.11.1999)
Resolución do 9 de xuño de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao modelo de comunicación do desprazamento de traballadores e traballadoras no marco dunha prestación de servizos transnacional ao abeiro da Lei 45/1999, do 29 de novembro (DOG n.º 130, do 06.07.2009)
Informa
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
SUBDIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO
SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela – A Coruña - España
Tel.: 981 544 615 Fax: 981 544 659