Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Demandas de conciliación e/ou mediación en conflictos laborais
Dende este área pode consultar información referente ás demandas de conciliación exercidas a través dos servizos de mediación, arbitraxe e conciliación(SMACs).
Información xeral
A conciliación ante o Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) é un requisito previo á vía laboral ante o Xulgado do Social. Exceptúanse deste requisito os procesos que exixan a reclamación previa en vía administrativa, os que versen sobre Seguridade Social, os relativos ó disfrute de vacacións e a materia electoral, os iniciados de oficio, os de impugnación de convenios colectivos, os de impugnación dos estatutos dos sindicatos ou da súa modificación e os de tutela da liberdade sindical.
Igualmente quedan exceptuados aqueles procesos nos que sendo parte demandada o Estado ou outro ente público, tamén o foran personas privadas, sempre que a pretensión sometérase ó trámite de reclamación previa e neste poidera decidirse o asunto litixioso e os supostos en que, iniciado o proceso, fora necesario dirixi-la demanda frente a personas distintas das inicialmente demandadas.
Trámites Relacionados
Información de contacto/p> Para calquera cuestión ou información adicional dirixirse a:
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Traballo
Edificio Administrativo San Lázaro, s/nº, Planta baixa
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: Teléfono: 981544615
Fax: 981544659