FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Formación Profesional Ocupacional

O obxectivo da formación profesional ocupacional, que vai dirixida a persoas desempregadas, é cualificalas para a súa integración no mercado laboral.

En España a formación profesional ocupacional está regulada no Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP).

En Galicia, anualmente, a Dirección Xeral de Formación e Colocación programa accións formativas para persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego galego. Estas accións están reguladas por unha normativa específica.

A Xunta posúe unha rede de centros cualificados de formación profesional ocupacional distribuídos por toda Galicia. Ademais dos centros propios, poden impartir cursos de formacion profesional ocupacional os centros homologados incluídos no Censo de centros colaboradores e as empresas que presenten proxectos formativos con compromiso de contratación.

No ano 2005 impartíronse 1.671 cursos dentro do Plan FIP, cun orzamento de 50.889.390 euros e 27.148 alumnas e alumnos.